Teléfono: +34 986 092 400      
 

Áreas de traballo do Grupo Prefabricados Castelo
 
 
Prefabricados de Formigón
 
Nas nosas diversas fábricas en Andorra (Teruel, España), Coirós (A Coruña, España), Ocaña (Toledo, España), O Porriño (Pontevedra, España) e Torres Novas (Portugal) levamos a cabo a fabricación e montaxe de diversos elementos prefabricados en formigón armado, pretensado e postensado. Realizamos Vigas de ponte (dobre T, artesas, caixóns), muros de contención de terras, estribos de pontes, pezas de coroación de pontes, prelaxes, pasos inferiores (bóvedas e caixóns) para obra pública. Así como piares, vigas, soportes, bovedillas, laxe alveolar, panel dobre T, prelosa, paneis de fachada, correas para vivendas e edificación industrial. Adicionalmente fabrícanse algúns elementos especiais como bancadas, nichos e canles.
 

 
 Construción 
Realizamos por medio das nosas empresas de construción Maia & Maia S.A. e ICC S.L., promocións de vivendas chave en man, con acabados de calidade. Tamén estamos especializados na construción de vivendas prefabricadas de baixo prezo.
 

 
 Consultoría de enxeñaría 
Ingeniería de Prefabricados S.L., empresa á vangarda da enxeñaría de elementos prefabricados en formigón. Desenvolve solucións innovadoras e patentes propias en piares de varias alturas, muros de contención de terras, bóvedas, sistema estrutural vivenda unifamiliar etc. Esta empresa tamén inviste en I+D+i intervindo en proxectos europeos de innovación tecnologica na construción (i-PALADIN).
 

 
 Paneis Arquitectónicos 
Prégaia LDA. e Abriga fornecen solucións de revestimento de fachadas con paneis prefabricados, tanto de formigón armado, como de formigón reforzado con fibra de vidro. Os paneis fabricados poden ser personalizado segun os requirimentos do cliente, existindo unha gran variedade de texturas e acabados.
 

 
  Estruturas metálicas 
Talleres de Estructuras Metálicas S.L. dedicado á fabricación, montaxe e venda de elementos metálicos para estruturas construtivas. Á súa vez, tamén elabora proxectos e solucións de cerramento de fachadas e cubertas e dirección de obra na execución dos devanditos proxectos.
 

 
 Consultoría Enerxética 
Castelo realiza consultoría en climatización, eficiencia e clasificación enerxética dos edificios. Aplicando a tecnoloxía Termodeck© e a nova laxe alveolar LTD27 é posible mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de climatización.
 


a